O 13, 14 e 15 de abril do 2007 a asociación A Oliveira celebrou unhas xornadas no Hotel Congreso de Teo ao redor da figura de Enrique Líster. Estas son algunhas imaxes que dan testemuño da importancia do evento, tanto pola relevancia dos persoeiros cos que contamos, como pola asistencia de público.
Algúns non sabían que as leccións non sempre dependen da palabra. Algunhas leccións críanse no silenzo coma xermes teimudos, multiplícanse e fornecen novos seres. Seres libres coma paxaros cegos, ingrávidos e perpetuos.
Asociación para a recuperación da memoria histórica e o patrimonio inmaterial de Teo é unha asociación de homes e mulleres do concello que vimos traballando dende fai dous anos nestes temas. Ao longo deste tempo realizamos múltiples actos,algunhas xornadas, publicamos A VOANDEIRA...En fin, irémosche dando conta de todo isto aquí. Sede benvidos, esperamos as vosas participacións nun espazo que pretende ser aberto e interactivo.