segunda-feira, 18 de agosto de 2008




ESTE MARTES, LEMBRANDO A ÁNXEL CASAL
Mañá día 19 de agosto, fará setenta e dous anos que Ánxel Casal foi asasinado no lugar de Montouto (concello de Teo) xunto con José Devesa Areosa e Ramiro Salgueiro, vítima da represión fascista exercida tralo golpe de estado militar.
A asociación A Oliveira de Teo, coorganiza xunto coa Fundación Castelao, un acto de lembranza que terá lugar o mesmo martes 19 de agosto, ás 20´30, en Montouto (Cacheiras, Teo) Nel intervirán, ademais de membros da propia asociación, Avelino Pousa Antelo (en representación da Fundación Castelao), Isaac Díaz Pardo (testemuña directa daqueles convulsos días en Compostela), Martiño Noriega(alcalde de Teo), así como representantes municipais de Arzúa e Santiago, concellos aos que Ánxel Casal estivo moi ligado.
Esperamosvos a todos e todas para render cumprida homenaxe a quen tanto o merece polo seu traballo incansable a prol de Galiza.




Nenhum comentário: