quarta-feira, 4 de novembro de 2009

EXPOSICIÓN XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ




Novo acto de A OLIVEIRA. Trátase da inauguración da exposición XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ, PORTA DUN FUTURO PROLETARIO, que terá lugar o próximo sábado día 7 de novembro ás doce da mañá no local da escola da Igrexa (Calo) Contaremos coa intervención de Heitor Picallo en representación da ASOCIACIÓN O FERVEDOIRO de Cuntis, que nos cedeu os paneis da exposición. Acompañaranos tamén a escritora Elvira Riveiro. Convidámoste a que veñas e te achegues á figura deste mestre represaliado nos primeiros tempos tralo golpe de estado franquista.

terça-feira, 2 de junho de 2009




NOVO ACTO DA OLIVEIRA SOBRE O NOSO MAIOR PATRIMONIO: A LINGUA GALEGA. PARA FALAR SOBRE O SEU PRESENTE E O SEU FUTURO CONTAREMOS NUNHA MESA REDONDA CON PERSOAS QUE TEÑEN MOITO QUE DICIR AO RESPECTO. ACOMPÁÑANOS ESTE SÁBADO, ÁS 20:30 NO LOCAL DA RECREATIVA DE CALO

quinta-feira, 23 de abril de 2009

Este sábado 25 de abril, ás 20:30 no noso local da escola da Casalonga, proxectaremos "LLach: la revolta permanent" que recupera os acontecementos ocorridos o 3 de marzo en Gasteiz e que serviu de inspiración ao cantautor catalán para compoñer unha das súas cancións máis emblemáticas: 'Campanades a morts'.
Para ir facendo boca, aquí che deixamos o tráiler. Coma sempre, esperámoste


terça-feira, 24 de março de 2009

CURUXÁS, O GUERRILLEIRO QUE FRANCO NON CAZOU




Este sábado 27 de marzo, ás 20´30 no local social da Oliveira (escola da Casalonga-Calo) teremos con nós a Carlos Parrado, autor do libro recentemente publicado por A nosa terra sobre a figura do guerrilleiro Ramón Rodríguez Varela, máis coñecido como Curuxás. Esperámosvos!

Máis información:
http://http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1619

http://http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=403144

quinta-feira, 15 de janeiro de 2009




FLORES TRISTES, SÁBADO 17 DE XANEIRO NA TVG, NON A PERDAS!

Dúas mensaxes máis abaixo, podes ver o tráiler neste mesmo blog

segunda-feira, 5 de janeiro de 2009

sexta-feira, 26 de dezembro de 2008

FLORES TRISTES

Non vos podedes perder este documental de Manuel Abad sobre a represión franquista. Recentemente estreado durante o mes de novembro en Compostela no contexto de Cineuropa, estase a proxectar nas demais cidades galegas nestas datas.

Podedes ver un interesante adianto no trailer que vos achegamos. Para máis información, picade neste enlace http://www.florestristes.com/pelicula06.html

quinta-feira, 25 de dezembro de 2008

A ILLA DA MEMORIA


A Oliveira fai unha pequena parada nestas datas de Nadal, pero ben pronto volveremos con máis propostas para vós. Mentres tanto, deixámosvos con este vídeo...

sábado, 15 de novembro de 2008

O próximo venres 21 de novembro, ás 20:30 na mediateca O Grilo de Cacheiras, proxectaremos o documental O novo Endem, estreado en setembro do 2007 no Grove. Nel, nárrase a odisea que en agosto de 1937 inician 18 homes a bordo do pesqueiro Novo Endem e que os levou ao longo de trinta anos por distintos lugares do mundo.
Contaremos coa presenza de Marcos Gallego, director do documental
ESPERÁMOSVOS!

quarta-feira, 8 de outubro de 2008

quarta-feira, 1 de outubro de 2008


NOVO ACTO DE A OLIVEIRA
"Escola fascista versus escola republicana"
a cargo do profesor Porto Ucha
O próximo 17 de outubro, teremos a sorte e poder escoitar a un dos homes que máis e mellor estudou a escola da II República en Galiza e a "depuración" de mestres e mestras republicanos tralo golpe de estado de 1936.
Como adianto, aquí tedes un anaco da entrevista que lle fan en A Peneira:
- Por que, entende vde., o réxime franquista se asañou tanto cos ensinantes?
- O castigo non foi soamente "punitivo", senón "preventivo". O sentido da depuración era destruír o labor escolar republicano, acabar co laicismo, coa coeducación, coa democratización da ensinanza e con toda innovación pedagóxica; é dicir, substituír un sistema educativo por outro. Morente Valero precisa en La Depuración del Magisterio Nacional (1997) que a depuración, ademais de castigar as condutas, serviu para axustar o perfil ideolóxico do profesorado á nova escola que se pretendía implantar. E, dalgún xeito, conseguírono. A involución foi total.

Máis información en breve.

Esperámosvos

segunda-feira, 18 de agosto de 2008




ESTE MARTES, LEMBRANDO A ÁNXEL CASAL
Mañá día 19 de agosto, fará setenta e dous anos que Ánxel Casal foi asasinado no lugar de Montouto (concello de Teo) xunto con José Devesa Areosa e Ramiro Salgueiro, vítima da represión fascista exercida tralo golpe de estado militar.
A asociación A Oliveira de Teo, coorganiza xunto coa Fundación Castelao, un acto de lembranza que terá lugar o mesmo martes 19 de agosto, ás 20´30, en Montouto (Cacheiras, Teo) Nel intervirán, ademais de membros da propia asociación, Avelino Pousa Antelo (en representación da Fundación Castelao), Isaac Díaz Pardo (testemuña directa daqueles convulsos días en Compostela), Martiño Noriega(alcalde de Teo), así como representantes municipais de Arzúa e Santiago, concellos aos que Ánxel Casal estivo moi ligado.
Esperamosvos a todos e todas para render cumprida homenaxe a quen tanto o merece polo seu traballo incansable a prol de Galiza.




quinta-feira, 3 de julho de 2008

NOVO ACTO DE A OLIVEIRA


Este próximo sábado 5 de xullo ás 20´30, xuntarémonos no novo local da nosa asociación situado na escola infantil de Casalonga (Calo-Teo)
Ademais de estrear o local, teremos a fortuna de contar na inauguración con Rafael Cid, o director do documental Queda alguén aí?, que proxectaremos e comentaremos con el.
Para máis información, consulta nesta dirección:

segunda-feira, 2 de junho de 2008


Benjamín Salgado Uribe

Próximo acto de A Oliveira: un achegamento á figura dun home nacido no concello de Teo, Benjamín Salgado, que logo sería co tempo alcalde da República en Carbia (Vila de Cruces) Fuxido e perseguido, agochouse en varios lugares (Santiago, Arzúa...) ata que en 1946 foi indultado. Morreu en Santiago no ano 1950.

"Benjamín Salgado: un teense alcalde en Carbia no 1936"

Sábado 7 de xuño ás 20´30

Sala de xuntas do EDIFICIO SOCIOCULTURAL MARIA MARIÑO

Intervirán: Moncho Arufe e Manolo Igrexas

domingo, 25 de maio de 2008

FAITE SOCIO/A


Se queres facerte socio/a da Oliveira, só tes que abrir este documento, cubrilo e facérnolo chegar ao noso enderezo. A nosa cuota de socio/a é de só 10 euros anuais. Necesitamos toda a axuda que nos poidades dar!

terça-feira, 22 de abril de 2008

quarta-feira, 9 de abril de 2008


Fotografías que recollen algún dos momentos vividos no acto dedicado a Benjamín Salgado en Recesende (Teo), con grande afluencia de público. Grazas a tod@s por vir!